¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares. Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Cerrar
icono-movil
Atención al cliente
670434306

BOP de Lugo

BOP de Lugo
03/05/2019
admin

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día vinte e sete de marzo de dous mil dezanove, adoptou, entre outros, o Acordo 11/176 MODIFICACIÓN DA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2018 DO CONCELLO DE LUGO SEGUNDO O DISPOSTO NA DISPOSICIÓN ADICIONAL CENTÉSIMA SESAXÉSIMA QUINTA. TAXA ADICIONAL DE REPOSICIÓN DA POLICÍA LOCAL, polo que se acorda:

“Ampliar a Oferta de Emprego Público do Concello de Lugo para o ano 2018, segundo o previsto na Disposición adicional centésima sesaxésima quinta. Taxa adicional de reposición da policía local coas seguintes prazas:

14 prazas na categoría de Policía, Administración Especial, Escala Básica, categoría Policía, grupo C1. 6 prazas por oposición libre, 4 prazas mediante o procedemento especial de acceso previsto na Orden do 7 de febreiro e 4 prazas mediante concurso de mobilidade e alternativamente, no caso de non cubrirse, mediante o procedemento previsto na Lei de Coordinación da Policía Local de Galicia.

6 prazas na categoría de Oficial, Administración Especial, Escala Básica, categoría Oficial, grupo C1. 4 prazas por promoción interna e 2 prazas mediante concurso de mobilidade, e alternativamente, no caso de non cubrirse, mediante o procedemento previsto na Lei de Coordinación da Policía Local de Galicia.

6 prazas na categoría de Inspector, Administración Especial, Escala Executiva, categoría Inspector, grupo A2. 3 prazas por promoción interna e 3 prazas mediante concurso de mobilidade, e alternativamente, no caso de non cubrirse, mediante o procedemento previsto na Lei de Coordinación da Policía Local de Galicia.”

 Lugo, 16 de abril de 2019.- O Tte. de Alcalde Delegado da Area de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Xosé Daniel Piñeiro Villares.

Comentarios noticia

Nadie ha publicado todavía ningún comentario. Sé el primero en publicarlo.

Deja tu comentario